Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

Cursos de vulnerabilidade enerxética para voluntariado de Cáritas Destacado

Noticias Viernes, 06 Octubre 2017 09:25

O pasado mes de xuño, asinouse un convenio de colaboración entre a Fundación Gas Natural Fenosa e Cáritas Española, co obxectivo de asesorar en materia de consumo de enerxía a consumidores vulnerables ou familias que dispoñen de poucos ingresos. Esta información ademais de mellorar a  calidade de vida destas persoas a través de axudas económicas, vai contribuír á  mellora da eficiencia enerxética das súas viviendas.  Así para acadarmos estes obxectivos, durante estas dúas semanas leváronse a cabo no Centro de Formación Violetas , unhas sesións de formación dirixidas a axentes de Cáritas,  técnicos e voluntarios dos grupos de acollida das Cáritas Parroquiais.  Os cursiños impartiunos unha docente da Escola de Enerxía Social da Fundación, quen nos asesorou  en materia de pobreza enerxética, con consellos prácticos que redunden na optimización da factura de enerxía e facilitou información sobre o bono social e outras axudas para clientes vulnerables, así como dos cambios que o goberno en materia enerxética,  vai realizar ao respecto. O curso, en dúas convocatorias, levouse a cabo os días 26 de setembro e 3 de outubro.

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es