Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

 
 

Caritas

Ayúdanos a ayudar

Apoio socio-educativo da UDC coa parroquia de San Cristovo das Viñas

Noticias Martes, 06 Junio 2017 10:19

As actividades que desenvolve o voluntariado da OCV no proxecto de aula de estudo no poboado de As Rañas están orientadas ao apoio na realización das tarefas escolares de nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, así como á iniciación dos máis pequenos nunha dinámica escolar e ao ocio educativo.
 
Unha media de 24 rapaces asistiu ás actividades desenvolvidas polos voluntarios da OCV neste curso académico 2016-2017, as idades foron dende os 6 anos ate os 15. Un dos obxectivos marcados para este ano foi a continuidade na asistencia dos menores á actividade de apoio escolar, que aumenta nos máis pequenos e a realización dos deberes dentro da aula. Como novidade, este ano iniciouse un traballo de motivación cara ao estudo, facendo dúas sesións de experimentos científicos e matemáticos para motivalos de cara a estas materias e unhas pequenas sesións de microrrelatos para motivar sobre todo ás adolescentes á escritura e á lectura.
Unha vez rematadas as sesións do aula de estudo, e como todos os anos, inclúese unha pequena merenda para os rapaces e rapazas. Este ano, iniciamos as merendas saudables.
 
Nas saídas programadas de ocio educativo realizouse unha saída ao cine no mes de novembro, outra a patinar sobre xeo no mes de xaneiro e unha actividade de fomento do deporte saudable ás instalacións do INEF no mes de marzo. Asimesmo, coordinouse co centro educativo de infantil e primaria catro charlas sobre o coidado dos animais e a importacia do seu respecto, que impartiu a profesora da UDC Adriana Ávila, xunto co centro canino Montegatto.
  
A última saída programada será ao acuapark, como peche da actividade en xuño.

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales
Plaza de Recife S/N
15004 A Coruña
Teléfonos
981 26 98 39
981 26 90 66