Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

 

  • APOYO ESCOLAR. FAMILIA-EDUCA. CONVIVIENDO EN FAMILIA.   PARROQUIA DE SAN LUIS DE GONZAGA.
  • CLASES EN VIOLETAS.  BARRIO DAS FLORES

II Campaña Escolar. Curso solidario.

Noticias Miércoles, 12 Septiembre 2018 10:14

O venres, 6 de setembro entregáronse ás familias solicitantes e derivadas das parroquias coruñesas, o material escolar necesario para o comezo de curso.

Mochilas e estoxos foron completos co necesario para comezar este curso escolar.

As empresas e entidades colaboradoras con Cáritas Interparroquial para poder efectuar este fermoso acto solidario, estivo este curso 2018/19 formado por CORTE INGLÉS, GRAFOPLAS, ALCAMPO, LIBRERIA CARLIN, LIBRERIA PORVÉN, MUTUA GALLEGA, LIBRERIA SALESIANA, REAL CLUB CASINO e LA SUPERPAPELERIA.

O voluntariado de Cáritas Interparroquial contou para este labor de preparación e entrega do material escolar coa axuda de mozos e mozas pertencentes á asociación dos Scouts Católicos, que se sumaron por vez primeira a este labor solidario  e que van continuar no futuro con distintos proxectos de colaboración con Cáritas Interparroquial.


Finalmente o total de familias inscritas foron 189 e o conxunto de nenos e nenas atendidos 356.

 

Os maiores continúan coas súas saídas.

Noticias Miércoles, 12 Septiembre 2018 10:09

O venres día 7 de setembro percorreron o paseo que leva á Torre de Hércules.

Para o comezo deste curso 2018/2019 reiniciaranse as actividades na Fundación Jove, as visitas pola Coruña e a participación en diferentes obradoiros nos propios centros de maiores da Interparroquial  .

O centro de día Sagrada Familia e a residencia Meu Lar, ambos os dous situados no barrio coruñés da Sagrada Familia.

 

Co motivo da II Campaña  para a recollida de material escolar levada a cabo por Cáritas Interparroquial de A Coruña,  O Sporting Club Casino súmase a este evento solidario que facilitará a volta ao colexio de moitos rapaces e rapazas coruñeses.

Cántico do Sol. San Francisco de Asís

Altísimo, omnipotente e bon Señor

Para ti son as gabanzas, a gloria e a honra e toda beizón.

Para ti só, Altísimo, conveñen

E ningún home é digno de dicir o teu nome.

Gabado sexas, Meu Señor, con todas as criaturas túas

Particularmente, Meu Señor, o irmau Sol

O que dá o día e por el ti nos alumas

E el, fermoso e raiolante cun grande esplendor

De ti, Altísimo, leva a significación.

 

Gabado sexas ti, Señor, pola irmá lúa e as estrelas

No ceo ti fixéchelas claras, preciosas e belas.

 

Gabado sexas ti, Señor, polo irmau vento

E polo aire e a nube e o sereno e todos os tempos

Polos que ás túas criaturas dás mantenza.

 

Gabado sexas ti; Señor, pola irmá auga

A que é moi doada e humilde e preciosa e casta

 

Gabado sexas ti, Señor, polo irmau lume

Polo que alumas á noite

E el é fermoso e ledo e cheo de forza e valente.

 

Gabado sexas ti, Señor, pola irmá nosa nai terra

Que nos mantén e coida

E dá os variados froitos coas flores coloradas e a herba.

 

Gabado sexas ti, Señor, polos que polo teu amor perdoan

E aturan a dor e os traballos.

 

Benaventurados os que viven na paz

Pois eles han ser por ti, Altísimo ; coroados.

 

Gabado sexas ti pola irmá nosa de corpo

Da que non se pode librar ningún home vivente

Malura para os que morren no pecado mortal .

 

Ditosos os que atoparon as túas santas vontades

Pois non lle fará mal a segunda morte

 

Gabade e abenzoade o Meu Señor e dádelle grazas

E servídeo cunha gran humildeza

(Otero Pedrayo. 1926. Adaptado)

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es