Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

Campaña de xoguetes 2019

Noticias Viernes, 30 Noviembre 2018 13:08

Queridos amigos e colaboradores de Cáritas Interparroquial:
Agradecemos de corazón tantas aportacións solidarias que nos están chegando para axudar a moitas familias e persoas que a nós acoden e que grazas a vós podemos darlles un agarimo solidario.
Agora para a Campaña de Xoguetes 2019 solicitamos que os xogos e xoguetes que nos enviedes ou entreguedes  sexan novos. Non é preciso que sexan os xogos máis caros nin os máis comerciais, senón aqueles que vexades pero  deben ser novos.
Por que novos?
Porque son para entregar no medio da maxia e do milagro do Nadal.
Porque todos os nenos e nenas merecen un agasallo  propio.
Porque promovemos a igualdade entre todos e máis entre nenos e nenas.
Por tantas outras razóns que confiamos entendades e comprendades e que nos serven  para promover a alegría e a  inocencia que nestes tempos e máis os nenos  precisamos.
Mil grazas, feliz advento e moi bo Nadal .

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es