Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

Xornada diocesana das Cáritas galegas en Santiago de Compostela.

Noticias Martes, 26 Febrero 2019 11:56

O sábado 16 de febreiro no colexio La Salle de Santiago xuntámonos máis de 300 persoas entre voluntariado, técnicos e traballadores das Cáritas galegas para celebrar un día de formación, intercambio de experiencias e celebración da eucaristía para todos os presentes.

A eucaristía estivo presidida por don Julián Barrio Barrio, quen agradeceu ao voluntariado a súa presenza e o labor día a día por un mundo mellor, desde as parroquias e desde a cercanía coas persoas máis necesitadas.

Os conferenciantes don Manuel Bretón, presidente de Cáritas, e Francisco Lorenzo, director de Acción Social de Cáritas Española, coincidiron na necesidade da denuncia profética, na obrigación de traballar pola xustiza e pola igualdade entre as persoas . Ademais alentaron na busca de accións conxuntas coas entidades cívicas e plataformas solidarias nas que Cáritas tamén debe estar visible sen esquecer que traballa polo reino e é instrumento esencial do labor social da igrexa católica. Os dous expresaron a preocupación por integrar neste labor social á xente nova, convidáronnos a abrir portas e mostrarlles con novas formas o impacto que realmente contén o evanxeo.

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es