Lunes a Viernes de 9.00 a 14.30 horas y 17.00 a 19.00 horas.

Elementos filtrados por fecha: Agosto 2018 - Cáritas Interparroquial A Coruña

Cántico do Sol. San Francisco de Asís

Altísimo, omnipotente e bon Señor

Para ti son as gabanzas, a gloria e a honra e toda beizón.

Para ti só, Altísimo, conveñen

E ningún home é digno de dicir o teu nome.

Gabado sexas, Meu Señor, con todas as criaturas túas

Particularmente, Meu Señor, o irmau Sol

O que dá o día e por el ti nos alumas

E el, fermoso e raiolante cun grande esplendor

De ti, Altísimo, leva a significación.

 

Gabado sexas ti, Señor, pola irmá lúa e as estrelas

No ceo ti fixéchelas claras, preciosas e belas.

 

Gabado sexas ti, Señor, polo irmau vento

E polo aire e a nube e o sereno e todos os tempos

Polos que ás túas criaturas dás mantenza.

 

Gabado sexas ti; Señor, pola irmá auga

A que é moi doada e humilde e preciosa e casta

 

Gabado sexas ti, Señor, polo irmau lume

Polo que alumas á noite

E el é fermoso e ledo e cheo de forza e valente.

 

Gabado sexas ti, Señor, pola irmá nosa nai terra

Que nos mantén e coida

E dá os variados froitos coas flores coloradas e a herba.

 

Gabado sexas ti, Señor, polos que polo teu amor perdoan

E aturan a dor e os traballos.

 

Benaventurados os que viven na paz

Pois eles han ser por ti, Altísimo ; coroados.

 

Gabado sexas ti pola irmá nosa de corpo

Da que non se pode librar ningún home vivente

Malura para os que morren no pecado mortal .

 

Ditosos os que atoparon as túas santas vontades

Pois non lle fará mal a segunda morte

 

Gabade e abenzoade o Meu Señor e dádelle grazas

E servídeo cunha gran humildeza

(Otero Pedrayo. 1926. Adaptado)

Novedades

  • Visita dos nosos maiores á exposición Sonoro Empeño en A Fundación
    Visita dos nosos maiores a exposición Sonoro Empeño en A Fundación
  • Campaña de Reyes Magos 2018/2019
    Os días 3 e 4 de xaneiro desde os locais de Cáritas Interparroquial situados na Rúa de Reyes Magos, na Sagrada familia, repartíronse 740 lotes de xoguetes. O voluntariado e os scouts colaboraron cos Reis Magos para poder chegar a máis de 400 familias. Unha vez máis con esta campaña…
  • Campamento de Nadal
     Campamento de Nadal na parroquia de San Luis. O día 4 de xaneiro co remate do Campamento de Nadal, os 30 nenos participantes recibiron o agasallo do Roscón Solidario que se repartiu coa axuda dos mozos e mozas scouts, que fixeron de delegados dos Reis Magos.

Colabora con nosotros

Puedes colaborar con nosotros haciéndote socio o trabajando como voluntario en nuestras campañas sociales. También puedes colaborar con Caritas mediante una donación.

¿Dónde estamos?

Servicios centrales

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es