O xoves 30 de Novembro tivo lugar no Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela) a entrega de diplomas do Curso de Camarero/a de Restaurante-Bar.
O obxecto da acción formativa foi proporcionar ás persoas participantes os coñecementos teórico – prácticos necesarios para o desempeño dun posto de traballo no ámbito da hostelería. Dos 15 participantes iniciais finalizaron a acción un total de 12, a preparación lles ofrece unha alta capacitación para a procura de emprego dentro deste sector en xeral.
A entrega de Diplomas contou coa presenza do Responsable do Centro Violetas Luís Sangiao e o equipo responsable do Centro de Formación Violetas.