O luns 16 de Abril tivo lugar no Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela) a entrega de diplomas do Curso de Camarero/a de Restaurante-Bar.
O obxecto da acción formativa foi proporcionar ás persoas participantes os coñecementos teórico- prácticos necesarios para o desempeño dun posto de traballo no ámbito da hostelería.
Dos 15 participantes iniciais finalizaron a acción con prácticas un total de 13 sendo 2 os que fixeron so a parte teórica.Neste momento xa conseguiron emprego neste sector tres persoas.
A entrega de Diplomas contou coa presenza da Directora de Cáritas Interparroquial da Coruña Pilar Farjas, do Responsable do Centro Violetas Luís Sangiao e o equipo responsable do Centro de Formación Violetas.