CÁRITAS INTERPARROQUIAL - A CORUÑA presta os seus servizos á comunidade, proporcionándolle aos traballadores desempregados un recurso para a mellora das súas capacidades laborais. Por medio da formación nas diversas especialidades impartidas no centro, o Alumno pode acceder a unha mellor capacitación e cualificación, así como á adquisición das aptitudes, actitudes e habilidades necesarias para inserirse laboralmente.
A Dirección de CÁRITAS INTERPARROQUIAL - A CORUÑA, consciente da importancia de satisfacer as necesidades do colectivo ao que a organización se dirixe, así como de avanzar na nosa mellora continua, comprométese a:
-
Desenvolver e implantar o Sistema de Xestión de Calidade que garantice o cumprimento da norma UNE-EN-ISO 9001:2015.
-
Facer da mellora contínua a nosa ferramenta de traballo, establecendo e revisando periódicamente os obxetivos específicos do proceso de mellora.
-
Cumprir cos requisitos legais e/ou normativos que lle sexan de aplicación.
-
Promover a participación e responsabilidade de tódolos traballadores da organización no funcionamento do Sistema de Xestión de Calidade.
-
Establecer un control de proceso efectivo que sirva para previr, reducir ou eliminar os factores que afecten negativamente á calidade do servizo prestado.
-
Proveer os recursos materiais e humanos necesarios para a correcta implantación do Sistema de Xestión de Calidade.
Esta política está en consonancia cos valores da nosa organización e debe ser coñecida, comprendida e desenvolta por todos os que formamos parte de ela.
A súa implantación é un obxetivo fundamental da Dirección e é responsabilidade de tódolos empregados.