O luns, 8 de abril, tivo lugar no Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela) a entrega de diplomas do Curso de Camarero/a de Restaurante-Bar.
O obxecto da acción formativa foi proporcionar ás persoas participantes os coñecementos teórico- prácticos necesarios para o desempeño dun posto de traballo no ámbito da hostelería.
Dos 17 participantes iniciais finalizaron a acción completa con prácticas un total de 15 sendo 2 os que aprobaron so a parte teórica.
A entrega de diplomas contou coa presenza da Directora de Cáritas Interparroquial da Coruña, Pilar Farjas, do Responsable do Centro Violetas, Luís Sangiao e o equipo responsable do Centro de Formación Violetas.