Luns a Venres de 9.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Campaña material escolar

 O venres, 6 de setembro entregáronse ás familias solicitantes e derivadas das parroquias coruñesas, o material escolar necesario para o comezo de curso. Mochilas e estoxos foron completos co necesario para comezar este curso escolar.

As empresas e entidades colaboradoras con Cáritas Interparroquial para poder efectuar este fermoso acto solidario, estivo este curso 2018/19 formado por CORTE INGLÉS, GRAFOPLAS, ALCAMPO, LIBRERIA CARLIN, LIBRERIA PORVÉN, MUTUA GALLEGA, LIBRERIA SALESIANA, REAL CLUB CASINO e LA SUPERPAPELERIA.

O voluntariado de Cáritas Interparroquial contou para este labor de preparación e entrega do material escolar coa axuda de mozos e mozas pertencentes á asociación dos Scouts Católicos, que se sumaron por vez primeira a este labor solidario  e que van continuar no futuro con distintos proxectos de colaboración con Cáritas Interparroquial.
Finalmente o total de familias inscritas foron 189 e o conxunto de nenos e nenas atendidos 356.

Colabora connosco

Podes colaborar connosco facéndote socio ou traballando como voluntario nas nosas campañas sociais. Tamén podes colaborar con Caritas mediante unha doazón.

Onde estamos?

Servicios centrais

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es