Luns a Venres de 9.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Fin de Curso Servizo Doméstico

O venres 1 de Decembro tivo lugar no Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela) a entrega de diplomas da IIII Edición do Curso Servizo Doméstico, en colaboración co departamento Centro Atención Hogar.
A formación permítelles pasar á bolsa de emprego do devandito departamento cuns coñecementos adquiridos en limpeza, cociña e coidado de persoas maiores, dependentes e nenos.
Dos 15 participantes ( 10 mulleres e 5 homes ) finalizaron a acción formativa 14 persoas, xa que o número 15 causou baixa a metade do curso por incorporación ao mundo laboral.
A entrega de Diplomas contou coa presenza da Directora de Cáritas Interparroquial da Coruña Pilar Farjas, o Responsable do Centro Violetas Luís Sangiao e o equipo responsable do Centro de Formación Violetas.

Visto 1157 veces Modificado por última vez o Martes, 05 Decembro 2017 13:49

Colabora connosco

Podes colaborar connosco facéndote socio ou traballando como voluntario nas nosas campañas sociais. Tamén podes colaborar con Caritas mediante unha doazón.

Onde estamos?

Servicios centrais

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es