Luns a Venres de 9.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

CURSO DE MANTEMENTO DE INMOBLES- Entrega de Diplomas

O luns 16 de Abril tivo lugar no Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela) a clausura oficial da Edición da Acción Formativa Mantemento de Inmobles, en colaboración coa Escola de Oficios Ferrovial Servicios.

Os 8 participantes asistiron a 40 horas teóricas no centro realizando posteriormente 60 horas prácticas en distintos centros de traballo.


A entrega de Diplomas contou coa presenza da Directora de Cáritas Interparroquial da Coruña Pilar Farjas, do Responsable do Centro Violetas Luís Sangiao , o equipo responsable do Centro de Formación Violetas.

Así mesmo por parte de Ferrovial Servicios acudiu o Equipo Técnico encargado.

Visto 367 veces Modificado por última vez o Martes, 17 Abril 2018 22:27

Colabora connosco

Podes colaborar connosco facéndote socio ou traballando como voluntario nas nosas campañas sociais. Tamén podes colaborar con Caritas mediante unha doazón.

Onde estamos?

Servicios centrais

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es