Luns a Venres de 9.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Fin da acción formativa módulo presencial - proxecto medranza En destaque

O martes 31 de Xaneiro tivo lugar o final do Módulo Presencial do Proxecto MEDRANZA, taller pre-laboral destinado tanto ao autoconocimento e desenvolvemento persoal como á adquisición de ferramentas socio-laborais, que melloren a súa relación con elas mesmas e a súa contorna.
MEDRANZA leva dez anos acompañando a mulleres en situación ou risco de exclusión social, no seu traballo de toma de conciencia delas mesmas como persoas así como membros activos e participantes dentro da súa comunidade. Un traballo desenvolvido a través de Itinerarios de Inserción Socio-Laboral Personalizados. O Módulo Presencial posibilitou a aquelas participantes que o precisaron a oportunidade de desenvolver áreas temáticas que estableceron os cimentos para a súa procura activa de emprego, permitíndolles involucrarse na toma de decisións, abrindo camiño para novas accións e a procura de oportunidades.

Modificado por última vez o Venres, 03 Febreiro 2017 12:44

Colabora connosco

Podes colaborar connosco facéndote socio ou traballando como voluntario nas nosas campañas sociais. Tamén podes colaborar con Caritas mediante unha doazón.

Onde estamos?

Servicios centrais

Plaza de Recife 1 15004 A Coruña
Teléfonos:
981 26 90 66 - 981 26 98 39
Correo electrónico: secretaria.cicoruna@caritas.es